drmalapata

Experimentamos e aprendemos Bos días, novos científicos! Chámome doutor Malapata, e escríbovos esta carta porque necesito da vosa axuda. Teño un problema, e é que aínda que intento facer moitos experimentos,non consigo que me saian! Entón, espero que coa vosa intelixencia e saber facer as cousas, eu poida conseguir que os experimentos saian ben. Que vos parece? Para poderme axudar, non só tendes que realizar os experimentos, senón que tamén tendes que ir recollendo os vosos descubrimentos, para que eu poida entendelos, e saber como teño que facelo para que me saian ben. Tendes unha transparencia cos informes para mandarme. Así que cada vez que vaiades a facer un experimento, é importantísimo que vos acordedes primeiro de coller a fich a do infor m e . Non vos preocupedes se non entendedes algo, xa lle expliquei a Noemi o que hai que facer para que vos poida axudar. Moitas grazas pola vosa axuda e… A IN V E S T I G A R ! Dr. Malapata